MELLORA AS TÚAS COMPETENCIAS EMOCIONAIS NO ENCONTRO ANUAL DA USC!!!

Formato PRESENCIAL e streaming

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

1 ENCONTRO

1 CONFERENCIA

4 OBRADOIROS

(3 a elixir)

6 HORAS

HÍBRIDO

Escolle a túa modalidade:

Entrada Xeral

35
  • 3 Obradoiros
  • Conferencia de peche
  • Subscrición Alumni (1 ano)
ESTUDANTES

Entrada Reducida

15
  • 3 Obradoiros
  • Conferencia de peche
  • Subscrición Alumni (1 ano)
EN LIÑA

Entrada Streaming

20
  • 3 Obradoiros
  • Conferencia de peche
  • Subscrición Alumni (1 ano)

COÑECE OS OBXECTIVOS DE ENMENTE!

  • Adquirirás un mellor coñecemento das propias emocións para xestionalas adecuadamente.
  • Coñecerás e manexarás estratexias de regulación emocional na esfera persoal e profesional para acadar un clima laboral óptimo.
  • Desenvolverás a habilidade de automotivación de cara a obter mellores resultados no eido profesional e persoal.
  • Mellorarás as competencias de autocoñecemento, responsabilidade e o desenvolvemento da autoestima como unha actitude positiva ante a vida.
  • Cultivarás a escoita activa e a capacidade de comprender as emocións das outras persoas e de poñerse no seu lugar.
  • Traballarás nas capacidades de liderado persoal para mellorar o desenvolvemento profesional.
  • Descubrirás ferramentas e desenvolverás habilidades de interrelación e de comunicación para afrontar as situacións diarias, perfeccionar as habilidades sociais e lograr boa relación co grupo ou equipo de traballo.

EnMente chega a súa sétima edición, gracias a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni da USC), coa estimable colaboración do ICE e a financiación do Consello Social, organismos todos eles, pertencentes a Universidade de Santiago. Este ano súmase nesta colaboración o Grupo Intaf.

 

Séguenos nas redes!