A actividade formativa consta de seis obradoiros a escoller por cada persoa asistente. Os obradoiros afrontan contidos específicos aínda que dende un punto de vista xeral comparten obxectivos e metodoloxía. Este formato permite contar coas visións dos e das diferentes profesionais, o que ofrece unha visión ampla das distintas áreas. As temáticas dos obradoiros descríbense brevemente a continuación:

¿CÓMO XESTIONAR A NOSA ANSIEDADE? CONECTA COA TÚA SERENIDADE

Relator: Manuel Darriba 

máis información

A través deste taller experiencial descubriremos que é o mindfulness e como a súa práctica regular pode axudarnos a desenrolar os recursos internos que nos permitan separarnos dos nosos pensamentos, para poder recoñecelos e poñer en dúbida os patróns mentais, outorgando un gran peso ao aquí e o agora mediante unha atención total ao momento presente. Aprenderemos as técnicas para conseguir que a nosa conciencia se relaxe e non elabore xuízos das nosas sensacións, sentimentos ou pensamentos. Saber que acontece no noso foro interno en cada instante a través da xestión dos procesos atencionais, das emocións e das situación desbordantes do día a día que nos xeneran estrés e ansiedade.

RISA BEN INTENCIONADA: CLAVES PARA PROGRAMAR O NOSO SENTIDO DO HUMOR

Relatora: Emma Blanco 

máis información

O sentido do humor pode axudarnos a afrontar mellor a dor, mellorar o noso sistema inmunitario, reducir o estrés, ter unha actitude máis positiva, así como aumentar a autoestima.

¿Ríome bastante ao largo do día? ¿Amoso a diario o sentido do humor e o aplico na vida cotidiana, e nos momentos difíciles? ¿Como vexo o vaso, medio cheo ou medio baleiro? ¿Que cousas fanme feliz cada día?

A estas preguntas e moitas outras atoparemos resposta neste taller onde, a través de actividades lúdico-vivenciais, coñeceremos o noso sentido do e aprenderemos a rirnos de nós mesm@s e  coñeceremos estratexias para afrontar a vida en positivo e trucos para incorporar o sentido do humor na vida diaria.

 

NON EXISTEN OS FRACASOS, SÓ AS CLASES PARTICULARES: O PODER DE SER UNHA PERSOA RESILIENTE

Relator: Manuel Conde

máis información

Este taller pretende facerche comprender que o tropezo chega á nosa vida como un “leal” amigo para indicarnos a desproporción que existe entre ese sentimento que nos atenaza e as nosas respostas emocionais. Daranos a oportunidade para que fomentemos esas ferramentas a través de situacións teórico-prácticas e así, esa desproporcionada ameaza disolverase.

Darémonos conta a través do mesmo que a maioría dos malestares emocionais veñen orixinados polo mesmo malentendido, confundir pensamento e realidade. A realidade non che desajusta, se non a interpretación que fas da mesma.

 

FERRAMENTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE EQUIPOS EFICIENTES, AUTOMOTIVADOS E AUTOXESTIONADOS

Relatora: Raquel Pedrouso 

máis información

Un equipo de traballo é moito máis que a suma das partes que o compoñen. O rendemento pode ser extraordinario cando a xestión do devandito equipo é óptima.

Neste taller aprenderemos as pautas de interacción co sistema, tocando aqueles puntos que permitan aos membros do equipo desatascar os comportamentos improdutivos e xestionar da mellor maneira posible os conflitos que xorden no traballo. Coñeceremos ferramentas para obter os resultados esperados e a motivación do equipo cara ao éxito.

 

O MEDO COMO ALIADO DO EQUILIBRIO EMOCIONAL

Relatora: Libertad Culebras

máis información

O medo é unha emoción imprescindible para a nosa supervivencia e polo tanto moi necesaria, sen embargo é considerada negativa polo malestar que conleva na súa dimensión limitante.

Neste obradoiro achegarémonos ao medo dende unha perspectiva diferente, imos coñecer como se orixina no noso cerebro e os mecanismos que emprega, xa que comprendéndoo e aceptándoo poderemos vela súa utilidade para crecer e afrontar as dificultades.

NUTRICIÓN E EMOCIÓN: CÓMO SE ALIMENTA O NOSO CEREBRO?

Relatora: Belén Ventín

máis información

Sabías que o que comes inflúe no teu estado de ánimo?, e que o como che sentes fai que elixas un ou outro tipo de alimentos?, sabías que a microbiota intestinal é decisiva no bo desenvolvemento cerebral-corporal?. Comer ben significa pensar ben. Manter unha boa alimentación, é bo para mellorar a saúde cerebral en xeral, mentres que outros alimentos poden axudar a previr ou polo menos atrasar os efectos das enfermidades cerebrais. Unha alimentación desequilibrada pode producir carencias dalgúns nutrientes e causar fallos na memoria, falta de concentración, falta de atención, irritabilidade, cansanzo e mesmo depresión. Profundaremos no que o teu corpo necesita/non necesita para un maior estado de benestar e mellor funcionamento da mente.

 

Os talleres desenvolveranse en 12 sesións dinámicas. A máxima desta proposta fundaméntase en que cada persoa participante poida escoller aquelas temáticas que mellor se adapten ás súas necesidades, ata completar un total de 6 horas de formación.