1. Introdución

“A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (ALUMNI USC)” con C.I.F. núm. G-15.592.413 e con domicilio en Casa da Concha, Rúa da Conga, 1. 15782 Santiago de Compostela (en adiante, “a Asociación”) manifesta o seu respecto e cumprimento das disposicións recollidas na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Por elo, informa da súa política de protección de datos para que o usuario determine voluntariamente se desexa facilitar os seus datos persoais á Asociación. A presente Política de Privacidade poderá variar co tempo debido aos posibles cambios lexislativos, xurisprudenciais ou dos criterios seguidos pola Axencia Española de Protección de Datos e/ou a autoridade competente en cada momento. A Asociación poderá en todo momento e sen previo aviso modificar a presente Política de Privacidade mediante a súa publicación no portal web http://WWW.ENMENTEUSC.COM (en adiante, a “Web”) co fin de que poidan ser coñecidas polos usuarios.

  1. Recollida e utilización de datos de carácter persoal dos usuarios

Para realizar inscricións na Web, o usuario deberá facilitar os seus datos persoais, facendo responsable da veracidade dos datos proporcionados. Os datos facilitados polo usuario son de carácter voluntario, salvo aqueles que se identifiquen como obrigatorios, en cuxo caso, se o usuario non os facilitase, o servizo non poderá ser prestado pola Asociación. Ditos datos facilitados polo usuario serán incorporados a un ficheiro titularidade da Asociación e serán utilizados para xestionar a alta, así como para efectuar as comunicacións precisas en relación ao proceso de inscrición ou outras cuestiones relativas ao evento. A Asociación non revelará a información persoal proporcionada polo usuario a terceiros, a excepción de que sexa requerida por orde xudicial ou por autoridade competente, así como cando deba comunicar os datos indispensables por razón lóxica da prestación do servizo ou ben se pida de forma expresa dando o usuario o seu consentimento. Todos os datos proporcionados mediante correo electrónico ou formularios electrónicos serán tratados segundo a normativa vixente sobre protección de datos persoais, e en todo caso terán o carácter de confidencial.

  1. Dereitos dos usuarios

Os usuarios poderán rectificar os datos facilitados, oporse ao seu tratamento así como darse de baixa no rexistro de usuarios. A tales efectos, o usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición dirixíndose á Asociación por correo postal e/ou a través do correo electrónico antalumn@usc.es