CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRA DE ENTRADAS
1. Introdución
Os termos e condicións que a continuación se indican regulan as condicións de venda de entradas para o evento denominado “EnMente” (en diante, as “Entradas”), o cal é promovido e organizado por Una Grupo Ideas Factory, con domicilio social en Avda. Barcelona, 33, local 1 A, 15706 Santiago de Compostela e con C.I.F. B-36.532.034.
A adquisición das Entradas representa a aceptación das Condicións Xerais de Compra na versión que estea recollida neste documento (en diante, “O Documento”) no momento da compra.
A Entidade organizadora poderá en todo momento e sen previo aviso modificar as presentes Condicións Xerais de Compra mediante a súa publicación no Documento, que se fará público a través de diferentes canles da Entidade organizadora, co fin de que poidan ser coñecidas polas persoas adquirentes das Entradas
2. Adquisición das Entradas
As Entradas unicamente poderán ser adquiridas a través da entidade organizadora a través do portal web www.enmenteusc.es.
As Entradas son nominativas e prohíbese a revenda de Entradas, sendo Esta motivo de anulación das Entradas revendidas. Os estudantes deberán enviar xustificante de matrícula actual a enmenteusc@gmail.com, no que se poda comprobar, que efectivamente é alumno da USC neste curso.
A entidade organizadora non se fai responsable das entradas que non sexan adquiridas no punto de venda indicado nin tampouco en caso de perda, roubo ou subtracción das Entradas.
Tampouco se procederá á devolución de importe algún, salvo no caso de cancelación do evento “EnMente” segundo exponse no apartado 5 seguinte.
3. Admisión ao evento presencial “EnMente”
A Entidade Organizadora resérvase o dereito de admisión ao evento nas condicións que indican a continuación.
Non se permitirá a entrada ó Evento con calquera obxecto ou utensilios perigosos, que poidan causar danos ás persoas, tales como cristais, armas, navallas, etc., ou que se encontren baixo os efectos do alcohol ou calquera outra sustancia.
A Entidade Organizadora poderá denegar a entrada a aquelas persoas que racionalmente poida presumirse que vaian a implicar unha situación de risco, e, especialmente, ao posuidor dunha entrada con algunha anomalía ou falsificación. A detección dunha falsificación na entrada será perseguida mediante as accións legais correspondentes.
Así mesmo, os asistentes poderán ser expulsados, sen dereito de reembolso, por causar alboroto, por contraviñer as indicacións do persoal que se encontre xestionando o evento in situ, así como por levar a cabo accións que
puideran causar danos persoais ou económicos a terceiros, sen prexuízo da interposición das accións legais que correspondan fronte a ditos/as asistentes.
Para as conferencias presenciais será imprescindible presentar a entrada física ou electrónica e o D.N.I., non se aceptarán fotocopias nin ningún outro documento que mostre signos de manipulación ou falsificación.
4. Menores de idade
Os menores de idade poderán acceder ao evento “EnMente” a condición de que estean acompañados do seu proxenitor ou titor legal.
5. Cambios ou cancelacións do evento “EnMente”
A base de lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.
6. Propiedade Intelectual e imaxe.
No caso de recibir comunicacións por estos medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámosche que as mensaxes se dirixen exclusivamente ó seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non es o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámosche que no suposto de que non desexes recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indiques por esta mesma vía indicando no asunto «BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS» para que os teus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A túa solicitude será accionada nun plazo de un mes dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola túa parte, entenderemos que aceptas e autorizas que nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.
7. Protección de datos.
En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Entidade Organizadora trata a información que nos facilita co fin de xestionar a entrada e o acceso ao Evento, para posteriormente formar parte da nosa base de datos para o envío de publicidade e comunicacións relacionadas cos nosos servizos por calquera medio (postal, e-mail ou teléfono) como pode ser a invitación a outros eventos organizados pola Entidade Organizadora. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obrigación legal.
8. Lexislación aplicable e tribunais competentes
Estas Condicións Xerais de Compra regularanse pola lexislación española común.
As partes, que están sometidas ás presentes Condicións Xerais de Compra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, acordan someter o coñecemento de calquera controversia que se puidese derivar aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela (A Coruña).