NORMAS DE ASISTENCIA 

EnMente V Encontro de Intelixencia Emocional da USC

 

Debido á situación actual xerada pola pandemia do COVID-19 é  obrigatorio cumprir coas seguintes normas ao asistir presencialmente a EnMente: V Encontro de Intelixencia Emocional da Universidade de Santiago de Compostela.

A compra dunha entrada implica a aceptación total das condicións do Encontro, que son as seguintes:

  • A compra dunha entrada implica a declaración de non padecer síntomas de COVID-19, nin estar en contacto estreito con persoas que a padezan ou sexan sospeitosas de contaxio nos últimos 14 días.


  • En caso de cancelación ou aprazamento do evento por motivos epidemiolóxicos ou calquera outra causa de forza maior, a organización devolverá o importe das entradas adquiridas.


  • No caso de que debido á situación epidemiolóxica se deba cambiar a modalidade da xornada presencial á online, a organización non devolverá o importe das entradas adquiridas.


  • Á entrada do Encontro tomarase a temperatura de cada unha das persoas asistentes, e non estará permitido o seu acceso no caso de que supere os 37º.


  • É obrigatorio manter unha distancia de seguridade de 1,5 m con outras persoas e respectar o aforo permitido.


  • É importante atender ás recomendacións do persoal en canto ao acceso, sitting e normas de prevención e seguridade, así como ás indicacións que aparecerán na  senalización.


  • Dispoñerase, ao longo de todo o espazo, de dispensadores de xel hidroalcohólico; o seu uso é obrigatorio para acceder ao interior do Salón de actos.


  • O uso de máscara será obrigatorio en todo momento.


  • En todo momento haberá persoal de control nos espazos comúns para vixiar que se manteña a distancia correcta de seguridade.


  • Durante a celebración do evento non haberá tránsito entre os espazos común, excepto para ir aos aseos.


  • Unha vez finalice a xornada, o desaloxo do Salón de actos farase pola mesma porta que se accedeu ao mesmo, evitando permanecer no mesmo máis do tempo imprescindible.


  • As instalacións, aveños utilizados, escenario, etc. desinfectaranse de forma periódica como medida de prevención de contaxios.


No referente ás entradas:


  • É imprescindible dispoñer dunha entrada para acceder ao Encontro e ensinala xunto co documento de identidade.


  • Intenta levar a túa entrada no móbil e ter o documento de identidade a man para poder axilizar o acceso ao Salón de actos.


  • As entradas serán nominativas, e no momento da súa compra deberá especificarse o nome e apelido e email de contacto.


  • En caso de acceder ao Encontro acompañad@, non se poderán sentar en butacas contiguas máis de dúas persoas.


  • Se dúas persoas sentánse xuntas, implica admitir que son familiares ou da contorna preta, non supoñendo un risco ó non respectar a distancia de seguridade entre butacas.


  • As listaxes de asistentes estarán a disposición das autoridades sanitarias no caso de que sexan requiridos, ademais de toda a colaboración que sexa precisa tanto por parte da organización como das persoas traballadoras.


  • A organización poderá facer uso do Dereito de Admisión, para denegar o acceso ás instalacións, cando así o considere en función das circunstancias recollidas no mesmo, e neste caso, moi especialmente nas relacionadas coa posibilidade de contaxio do Covid-19.