05 DE NOVEMBRO 2022
FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN DA USC
Diapositiva anterior
Diapositiva siguiente

4 obradoiros simultáneos:

(3 a elixir)

09:30H - 13:45H

A práctica da comunicación responsable:

os pasos para unha interacción máis aberta e natural.

A forma de comunicarnos cambiou moito nestes últimos anos. As novas maneiras está dando paso a un tipo de comunicación máis consciente que reflicte a importancia de estar presentes no momento no que conectamos coas persoas do noso entorno e connosco mesmos/as.

Neste taller, a experta en comunicación Laura Costoya, descubriranos os pasos precisos para expresarnos coa sinceridade e a claridade suficiente, para identificar o que esperamos dunha situación concreta ao mesmo tempo que nos mostrará como manter unha actitude aberta cara a escoita allea e a comprensión.

Falaranos tamén da importancia do mindfullnes á hora de establecer unha interacción afastada do conflito e centrada no desexo mutuo de entenderse.

5 claves para unha nutrición consciente:

Priorizando o autocoidado.

Poñer consciencia sobre os nosos hábitos alimenticios, sen xulgalos pero si co modo observador activado, para poder chegar a expor a realidade de forma obxectiva, é o primeiro paso para achegarnos ao que é e poder transformalo. Un cambio que neste seminario preténdese alcanzar a través dunha mirada amable e enfocada nun obxectivo exclusivo de autocoidado e mellora da saúde corporal e por tanto tamén mental.

Queres mellorar a túa empregabilidade?

Traballando coas competencias propias.

Neste taller, acompañadas por Patricia do Camiño, traballaremos o desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego, ao cambio nun posto de traballo ou ao proceso de emprendemento. Fomentarase o manexo do desenvolvemento persoal para maximizar a potencialidade de oportunidades, facendo fincapé na importancia do autocoñecemento como base para saber cara a onde encamiñar o futuro laboral.

Es unha persoa creativa?

Sae da zona de confort e atopa a túa resposta.

Estamos destinados e destinadas a buscar solución para cada día, vencendo a nosa resistencia e aumentando a nosa resiliencia.

Neste taller, da man da experta Isabel Machado, convidámoste a pensar de una forma disruptiva, “Thinking without the box.” a través dunha ferramenta innovadora que che vai amosar unha nova forma de buscar solucións no teu día a día.

Escoita as túas emocións, pon baixo a lupa as túas crenzas e os teus valores e descubrirás as experiencias que che limitan e condicionan negativamente cara a consecución dos teus obxectivos.

Ao longo desde obradoiro poderás reflexionar e reformular novas formas de analizar as cousas, permitíndoche actuar con máis eficacia, producindo efectos positivos na túa vida e mellorando o teu benestar.

1 CONFERENCIA:

13:45H - 15:15H

COMO REACCIONA O CEREBRO ANTE TANTO CAMBIO?

OS MOTIVOS DO NOSO COMPORTAMENTO.

Nesta conferencia da man dunha das expertas de maior prestixio nacional e internacional en Neurociencia, entenderemos como funciona o noso cerebro nas contornas actuais: volátiles, inestables, complexas e ambiguas, máis comunmente denominadas, contornas VUCA.

O noso cerebro actúa dunha maneira determinada para defendernos ante a adversidade. Depende tan só de nós mesmos e mesmas, ser conscientes do que está sucedendo e empregar as ferramentas necesarias para adoptar un mindset aberto. Ser capaces de xestionar o medo que sentimos ante as dificultades é importante para mellorar a nosa resposta e alcanzar así o propio benestar e axudar aos demais a alcanzar o seu.

Séguenos nas redes!