RELATORAS
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. Cursou estudos superiores de Música no Conservatorio de Música de Barcelona. Así mesmo, obtivo senllas mestrías en Neurociencias e en Saúde Laboral pola Universidade de Barcelona.
Actualmente, tras a súa formación en Neurociencias, realiza actividades asistenciais e formativas a nivel hospitalario, ámbito educativo e social, tanto privado como público, mediante a aplicación dun método propio, o Método Thabit, orientado á reestruturación cognitiva e a xestión emocional e de comportamento. É membro da cátedra de Neuroeducación UB/Edu-1st, forma parte do equipo docente de diferentes posgraos na Universidade de Barcelona (UB) e é escritora, autora e coautora de diversos libros e publicacións.
OBRADOIRO:
Cómo reacciona o cerebro ante tanto cambio?
Os motivos do noso comportamento.
Traballadora social, coach e emprendedora. Mentora en Starcoach. Formadora oficial en dúas edicións da Certificación Internacional en Coaching Estratéxico e creadora do Método S.T. E. L.A. para Emprendedoras. En 2019 lanza o Programa E. S.T. R.E. L. L.A, que achega recursos, autocoñecemento e estratexias para as persoas na súa vida persoal.
OBRADOIRO:
A práctica da comunicación responsable:
os pasos para unha interacción
máis aberta e natural.
Dietista especializada en obesidade e nutrición clínica polo Instituto de Ciencias e Nutrición de Saúde
(ICNS, é experta en alimentación consciente e hábitos de vida saudables. Expón a importancia de poñer
atención ao que comemos, como nolo comemos e que emocións nos esperta para ter unha relación pracenteira coa comida e o teu corpo.
OBRADOIRO:
5 claves para unha nutrición consciente:
Priorizando o autocoidado.
Licenciada en CC Empresariais e Certificada como COACH por iCF. Ademais, Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional e especialista en dinámica de grupos e actividades de team- buiding. Con máis de 20 anos de experiencia no ámbito multinacional nas Áreas Comercial, Financeira e de RRHH, actualmente desenvolve diferentes proxectos de Coaching Persoal e Social. É promotora e Fundadora da iniciativa “Pegadas con Alma”.
OBRADOIRO:
Queres mellorar a túa empregabilidade?
Traballando coas competencias propiaS
Coach en Educación Emocional e coach por Valores e Creencias. Acompaña procesos de transformación pasando á acción a través de diversas ferramentas como a PNL, Pysch-k, Points, etc.